Archivo del blog

martes, 4 de diciembre de 2018

4 de decembro. Saída a Finca do Espiño.

Hoxe foi un día similar o de onte en canto ás actividade ou tarefas realizadas pero hoxe pasóuseme moito máis rápido porque tivemos saída. Xunto coa persoa encargada de acompañarnos nestas excursións, fomos a visitar a Finca do Espiño.
Cando cheguei, como de costume os nenos e nenas estaban na biblioteca xunto cos mestres e tamén coa miña compañeira de prácticas. Eu, deixei as miñas cousas no seu sitio e logo fun para xunta eles. Na biblioteca, as crianzas estaban observando diferentes contos mentres nos os observabamos e iamos atendendo as familias e as crianzas que ían chegando. 
Segundo chegaban, sacabámoslle a cazadora, poñiámoslle o mandilón e pasabamos para a biblioteca. Logo, colocabamos as súas comidas e as súas libretas no lugar correspondente e volviamos para a biblioteca. Estivemos así ate que chegaron todos os nenos e nenas. 
Neste momento, dividimos ás crianzas máis pequenas para a área branda cos mestres e nos as dúas quedamos coas máis maiores. Mandámoslle recoller os contos e sentar nun círculo porque hoxe iamos xogar de novo cos xoguetes da protagonista da semana.
Un anaco máis tarde, pasamos para a zona de xogo simbólico onde entre as dúas seguimos observando os nenos e nenas sen intervir na súa actividade. Sobre as dez e media, mandámoslle facer unha fila ou o que eles chaman o ‘Tren chu, chu’ e pasámolas a zona de cambio. Alí, démoslle a cada crianza as súas catiúscas e a súa cazadora para que se fosen vestindo para a saída. Fomos deixando que as crianzas o fixesen soas e ás que non eran capaces botabámoslle unha man.
Cando todas estaban listas, fixemos unha fila ó longo da corda que empregamos para as saídas e saímos en dirección o parque de Galeras que era onde nos esperaba a persoa que ía guiar a saída. Unha vez alí, deixamos os nenos e nenas ir eles sós sen a corda e fixemos parellas para que fosen máis xuntos. Deste xeito, fomos camiñando e recorrendo a Finca do Espiño onde a 'guia' nos ía explicando a historia do lugar e tamén iamos coñecendo e recordando diferentes tipos de plantas que xa viramos noutras saídas. Ademais, sacamos unha foto nun banco con vistas a catedral e despois de algunhas caídas e dalgúns tropezóns volvemos para a escola. No camiño, paramos nunha fonte do Parque de Galeras para lavar as catiúscas que viñan cheas de terra e logo continuamos o camiño comentando todo o que aprenderamos. 
O chegar a escola, pasamos de novo a zona de cambios. Sacamos cazadoras e catiúscas e colocamos os tenis. Unha vez listos, pasamos os nenos e nenas para a biblioteca e sentámolos no chan. Como hoxe queríamos seguir traballando coas piñas, non tiña moito tempo para traballar coa miña proposta pero aproveitei uns minutos que quedaban ata que os nenos e nenas tivesen que pasar para o comedor. Así, aproveitando que todos estaban no chan lin o conto de ‘Os Bolechas, os transportes viaxeiros’ onde explicaba algúns dos diferentes transportes e as súas características e logo da lectura, fixemos unha pequena asemblea para falar do que recordaban do conto dende onte e tamén as características dos medios que nel aparecían. Sorprendeume gratamente ver como os nenos e nenas xa tiñan adquiridos bastantes coñecementos sobre estes medios e a maioría xa recordaban tamén a súa forma de desprazamento. 
Pero uns minutos máis tarde a outra mestra comezaba a dar de comer os nenos e nenas polo que tiven que deixar para outro momento o resto de actividades da miña proposta e agora, facer outro tipo de actividade para pasar por quendas os nenos e nenas ó comedor. Así, como o mestre nos comentara que quería que seguísemos coas piñas, aproveitando que os nenos e nenas estaban sentados entre as dúas fomos colocando as mesas e as cadeiras. Puxemos os manteis de papel nelas e colocamos as pinturas e os pinceis. Deixámoslle unha pintura a cada neno ou nena para que fose decorando a súa piña que logo se levaría para a casa como adorno de nadal. Durante o transcurso da actividade, fomos dividindo os nenos e nenas por parellas para que pasasen o comedor, comesen e logo fosen o servizo para volver e rematar coa piña. Cando os nenos e nenas que quedaban na biblioteca se ían aburrindo ou solicitaban a nosa axuda, entre a miña compañeira e eu botabámoslle unha man para rematar a piña e logo, cando todos acabaron, deixámolas todas na estantería para que secasen. 
O rematar, recollemos todo e fomos pasando o servizo por parellas para lavar as mans e sacar os mandilóns xa que algúns tamén estaban pintados. Volvemos de novo para a biblioteca e a miña compañeira leulles o conto de ‘Sopa verde’. O rematar ca lectura, moitos nenos e nenas xa foron marchando para as súas casas e, para os que quedaban, deixamos lectura libre mentres observábamos como as crianzas ían mirando os contos e tamén lles iamos recordando a algúns nenos e nenas que non os estaban empregando dun xeito adecuado, as normas de uso para mantelos ben e que non romperan.
Mentres transcorría esta actividade, foron marchando as crianzas que faltaban e cando xa so quedaban aquelas que tamén viñan a sesión da tarde, deitámolas e puxémolas a durmir. Cando todas se durmiron, a miña compañeira e eu tamén fomos recoller as nosas cousas e saímos xa que hoxe nos tocaba saír xuntas.
Hoxe, volvín a saír moi contenta da escola, gustoume moito a saída que realizamos e penso que os nenos e nenas aprenderon un montón. Ademais, a pesares de que non houbera moito tempo para traballar coa miña proposta, a actividade realizada gustoulle os nenos e nenas e mostraron interese no conto e tamén participaron activamente na asemblea.