Archivo del blog

lunes, 12 de noviembre de 2018


07-11-2018

O día de hoxe comezou coma todos, un sinfín de chaquetas polo chan, intentando poñer orde e que foran por quendas colgalas no seu percheiro, mochilas sen dono... O día de hoxe presentábase complicado. A asemblea de hoxe levouna Ángela, mentres eu remataba de colorear e poñerlle o texto ao conto da castaña que contaríamos como peche. Seguimos as mesmas rutinas na asemblea, realizando o mesmo esquema de “actividades” que realiza o encargado. Aproveitando que moitos nenos e nenas estaban a traer castañas para o magosto, puxemos no chan gran cantidade delas e traballamos temas de lóxica – matemática como pouco e moito ou grande e pequeno. Para isto faciamos montóns e preguntabamos en cal dos dous montóns había máis ou en cal había moitas castañas e en cal só unhas poucas. Logo empezamos a traballar o grande e o pequeno sinalando aquelas castañas que eran grandes e aquelas que eran pequenas, así que o fixemos cunhas 5 de cada e as puxemos en distintos montóns, foron vindo os nenos e nenas un a un e collendo unha castaña e colocándoa no montón que lle correspondía: grande ou pequeno. Como case todos optaban por buscar unha castaña grande, logo era a profesora Ángela quen lles indicaba que buscasen unha castaña grande ou unha pequena e que a colocaran no montón correspondente. Por último, como os pais dunha  das nenas da clase debeu entender mal a petición de que as castañas para o magosto tiñan que vir crúas e adentadas e llas mandaron xa peladas decidimos probar como sabía a castaña crúa. En xeral gustoulle a case todos os nenos e ás nenas, agás dúas excepcións. A continuación Ángela explicoulles aos nenos e ás nenas o que tiñamos que facer a continuación, unha ficha do seu material na que aparecían diferentes debuxos de castañas e tiñan que pegar unha pegatina nas pequenas. A pesar de que non lle gusta o método de “fichas” emprégao por que é o primeiro ano que está traballando nunha escola de 3-6 e cando chegou, a mestra que esta antes xa o deixara encargado, polo que todos os nenos e nenas xa o tiñan mercado cando se incorporou ás clases. A pesar do ben que me trata Ángela e que sempre intenta facer outro tipo de cousas cos nenos e nenas isto resultoume moi decepcionante, pois o criterio principal que empreguei para a elección do centro foi que empregasen a metodoloxía por proxectos, pois resúltame moi interesante, pero, ao mesmo tempo, paréceme verdadeiramente complexo levalo á práctica.

Segundo ían rematando, metían a ficha no seu casilleiro. Logo fixemos unha fila (por primeira vez “fomos maiores” e non íamos agarrados ao compañeiro ou compañeira de diante, senón que levabamos as mans atrás), pois tocábanos “O recuncho do medo” unha instalación situada no corredor con temática de Samaín na que aproveitamos para contar un conto sobre unha bruxa. A continuación tivemos o recreo, momento no que, sorprendentemente a metade dos nenos e nenas da clase na que estou estaban sentados contra a parede. Conversando con eles confesáronme non ter ganas de xogar por “medo”, pois ese patio interior no que temos que estar os días que fai malo é dun tamaño bastante reducido para meter nel a todos os nenos e nenas de infantil, e algúns dos máis pequenos teñen medo polo ruído e polos nenos e nenas máis maiores que corren. Cando regresamos a clase tocaba merendar e, como era de esperar despois de botar todo o recreo sentados... estaban todos alborotados correndo, saltando... como todos os días, así que van rematando de merendar e recollen as súas cousas e tiran o lixo sobrante da merenda, dámoslles unha boliña de plastilina para que xoguen. Cando rematou esta hora tiñan informática, e como outra das mestras de infantil faltaba por motivos persoais, Ángela pediume que a acompañase na hora de garda, pois non estaba segura de se con esa mestra había alumna en prácticas, e ao non coñecer aos nenos e ás nenas parecíalle máis oportuno estar as dúas na aula. Chegamos á clase e os nenos e nenas aínda non regresaran da clase anterior. Estivemos observando a decoración da aula e algúns dos traballos expostos. Cando chegaron os nenos e as nenas viñan acompañados de Carlota, unha das miñas compañeiras de Prácticum. Presentámonos e Carlota explicounos o que a mestra dixera que tiñan que facer os nenos e nenas, e facilitoulles diferentes materiais de construción, puzzles, coches... para que xogasen. Aproveitando momentos que quedaban un pouco máis libres e que os nenos e nenas non precisaban da nosa intervención, aproveitamos para contrastar opinións destes 3 primeiros días.

Ao volver a nosa aula, como pasara o día anterior, un par de rapaces e rapazas estaban durmidos encima da mesa. O resto foron en orde quintando o mandilón e collendo a chaqueta, e volvemos a ese punto no que todo é de todos e nada de ninguén, chaquetas tiradas, mangas dadas a volta, botóns que non se desabrochan... Así que ían rematando todos os nenos e nenas, puxemos música e puxémonos a bailar, pois hoxe foi un día moi axetreado e no que botaron a maioría do tempo sentados. Cando deu a hora, fixeron fila os nenos e nenas que quedan a comer no comedor, mans atrás e non no compañeiro e algún que outro choro por querer comer na casa. Despois marcharon e tocou a fila dos que se van para casa, esta fila visiblemente máis feliz, e saímos fóra para marchar. Así que recolleron a todos os nenos e nenas, Ángela díxome que podía marchar e fun a clase a polas miñas cousas, era de esperar pensar que xa me ía ir sen ningún outro imprevisto... pero non. Cando estaba saíndo pola porta, o pai dun neno da aula pediume que lle explicara ao seu fillo que era o que se ía facer coas castañas que deixara esa mañá en clase, pois as quería levar para casa. Despois de explicarlle detidamente que as íamos comer todos xuntos o venres, que estaban traendo todos os compañeiros e compañeiras castañas o pai colleuno no colo, nese momento dixo: “Ah! E unha cousa” esas palabras craváronseme dentro, soaba a que algo non ía ben, eu estaba soa e sentín un pouco de medo por non se non sabía como reaccionar ante o que me fora dicir. Ao final non foi nada “grave” só quería saber por que o seu fillo tiña o pelo mollado...

Estes días non paro de sentir historias sobre os pais e cousas que lles recriminan ás mestras e ameazas de denuncias por que os seus fillos/as chegan a casa con un rascazo ou con algún golpe. Isto faime cuestionar moitas cousas, entre elas por que é sempre tan cuestionada a nosa actuación como docente, vale que eles coñecen ao seu fillo/a pero moitas veces, a actitude na casa e na escola tamén son totalmente diferentes. E tamén me pregunto como estarán eses nenos e nenas en casa, estarán envoltos en papel de burbullas? Poderán xogar no parque? Cando están con eles nunca caen?

Creo que a nosa profesión segue a estar moi desprestixiada en xeral na sociedade, e moitos destes comportamentos que teñen algúns pais (que non todos), non fan máis que empeorar a situación e crear un clima de tensión no que cada vez se nota que se empezan a tomar máis medidas de seguridade, non tanto en beneficio dos nenos e nenas (porque non sempre van en favor dunha educación completa e global) senón en beneficio do mestre e do centro para evitar problemas coas familias.

Día de saída! (12/11/2018)

Hoxe, na segunda semana de prácticas, fun cara o meu aula tras deixar as miñas cousas na sala do profesorado, e fun saudando aos nenos e nenas que ían chegando, igual que fixen todos os días da semana pasada. Sen embargo, e a pesar de que parecía un día normal, non o era. O alumnado deixaba as súas mochilas nas súas perchas, acompañados dos seus pais, pero non sacaban o seu abrigo. A razón? Porque iríamos a unha saída ao conservatorio histórico de Santiago de Compostela. Eu o sabía desde o venres pasado debido a que a miña titora preguntoulle á nai dun dos pequenos que nos acompañara, pero ela aquivocarase de lugar e en vez de dicir que iríamos ao conservatorio histórico, dixo que iríamos ao auditorio.
Cando a maioría dos nenos e nenas xa estaban na clase, a miña titora colleu unha corda de cores referida como "a serpe", e mandoulles ao alumnado que fixeran unha fila na parede do pasillo. Logo, fou dándolle a serpe aos nenos e nenas. A corda tiña no medio cordas máis pequerrechas das que eles se agarraban, quedando por parellas, un a cada lado da corda. A mestra, cando rematou de darlles a serpe, colleu a parte dianteira e comezamos a marcha. Eu quedei na parte traseira, mentres que a nai que nos acompañaba iba polo medio.
Na saída marchamos todos os de infantil máis os de primero de primaria, e nós (os de tres anos) eramos os únicos que tiñamos esa corda. Os demáis iban por parellas, agarrados da man, e tamén camiñábamos por orde xa que nós íbamos primeiros, detrás miña iban os de 4 anos, logo os de 5 e por último os de primaria. A caminata non foi demasiado longa, xa que o conservatorio atópase a uns 5 minutos de distancia andando. Ademáis, a pesar de que houbo algunhas distraccións, tales como as tendas ou obras que están a facer nalgúns dos edificios da zona, non houbo ningún problema.
Ao chegar, a miña titora recolleu a serpe e subimos as escaleiras ata o último piso, onde había unha sala de mediano tamaño con moitas butacas para sentarse, un mini escenario e un proxector.
No escenario había catro persoas, e tres delas enfrente dun instrumento. Había dous homes, un pianista e un batería, e dúas mulleres, unha violonchelista e a presentadora que tamén fixo de cantante.
Ao entrar, fumos sentando aos nenos e ás nenas, e despois sentámonos o profesorado e máis eu. Entón, a que fixo de presentadora comezou a falar. Primeiro, presentouse a ela mesma e máis os seus compañeiros, e iniciou as actividades, as cales consistiron en cantar principalmente.
A primeira canción, a letra era "Sol, do. Sol, do. Sol, sol, sol, do", e esta ía acompañada das notas correspondentes a "sol" e "do". Primeiro ensinoulles as notas co piano e co violonchelo, cantando a canción, e despois colleu dúas pezas dun metalófono, unha de cor azul e a outra vermella, que facían as notas de "sol" e "do", e as fixo soar mentres cantaban a canción. Despois, a letra aumentou, e convertíuse nunha canción dos animais mariños. Colleu varios peluches, e ía cantando co alumnado mentres llos ensinaba. Tras iso, invitou ao escenario a un pequeno grupo de nenos e nenas, máis ou menos maiores, e deulles varias pezas do metalófono, unha clave e varios peluches. Tiñan que tocar ou levantar o peluche acorde coa canción. Repetiuse varias veces antes de que os roles cambiaran, e logo volveron todos para o seu asento.
Para a segunda actividade, a presentadora ensinou varias fotos de praias polo proxector que tiñan características especiais, tales como a cor da area, que podía ser verde, rosa ou negra, con algas luminiscentes, ou que simplemente eran fermosas, como as praias das illas Cies. Tamén mostrou impresionantes castelos de area, algúns deles feitos nalgún concurso moi famoso (que agora non me acordo cal), e que algúns non eran nin castelos, tales como o castelo Disney, a familia Simpson, estructuras que contiñan luz dentro delas, etc. Tras a mostra de fotos, cantamos outra canción, que tiña máis letra e tiña que ver coa praia. A fomos cantando por partes e logo a cantamos enteira. Despois, a presentadora puxo unha pequena colchoneta no chan e invitou a dous pequenos grupos para que se sentasen nela e fixesen coma se nadasen e logo se tumbaran, seguindo a parte final da letra da canción que máis ou menos dicía "nadé, nadé, nadé/nadé, nadé, nadé/nadé, nadé, nadé/y en la arena me tumbé".
Logo, para que os nenos e nenas se calmasen un pouco, os tres músicos tocaron unha canción preciosa bastante calmada, e cando remataron fixemos a terceira actividade. A presentadora ensinou varios tipos de reloxos no proxector. Ensinou despertadores, un reloxo de sol [e indicou que España era uns dos países con maior cantidade de reloxos de sol do mundo], un reloxo analóxico de pulseira e un analóxico de bolsillo. Entón, díxolles aos nenos e nenas que o tempo na música medíase dunha forma distinta, e que facíase cun metrónomo. Ela ensinou dous tipos de metrónomos. O clásico, que ten como unha agulla no medio que se move, e un máis moderno que parece un temporizador cunha luz e ao que podes quitarlle o sonido que fai. Tras facer un par de demostracións usando os metrónomos cos músicos, fixemos un xogo onde varios nenos e nenas tiñan que ir xunto do pianista ou da violonchelista se escoitaban tocar a un ou outro, pero se tocaban os dous á vez tiñan que ir xunto da presentadora. Debido á natureza deste xogo, a violonchelista cambiouse de sitio para estar na outra punta do escenario, enfrente do pianista, e a presentadora quedou no medio. Dous grupos, de entre 5 e 10 participantes, xogaron a este xogo, e as veces confundíanse cando os dous tocaban á vez, indo xunto a violonchelista.
Por último, aprendimos un pequeno baile onde dábamos palmadas cando o ritmo da música era forte e rápido, e facíamos que volábamos cando o ritmo era lento e suave, e outros dous grupos foron invitados ao escenario para bailalo mentres facían un tren, seguindo a presentadora [quen facía de locomotora, por así dicilo].
Mentres todo isto ocorría, presteille máis atención ao alumnado que ao que pasaba no escenario. O único que fixen foi gardarlle a bolsa de galletas dunha das nenas da miña aula, acompañar a varios nenos e nenas ao baño, darlle un pañuelo a unha nena que estornudou e quedou chea de mocos para que se limpase, e axudarlles a poñerlles as chaquetas antes de saír da sala. Tamén, varias mestras metéronse en medio dos nenos e nenas para que estivesen tranquilos e prestasen atención, sen facer demasiado escándalo.
Cando rematamos e saímos do edificio, fixemos unha foto do grupo enteiro, o cal o primeiro intento foi frustrado por un can que correu xunto aos nenos e nenas, provocando que estes gritasen, e logo marchou tan rápido coma viñera. Logo, voltamos ao colexio sen problemas, e deixamos que foran ao recreo antes de mandarlles ao comedor ou a súa casa.
Pola tarde, o primeiro que tivemos foi inglés, e seguimos coa mesma temática que a semana pasada, a cal é sobre as cores. A teacher puxo varias cancións en inglés, onde dicíase unha cor e relacionábase con outra cousa. O único que cantamos foi "yellow duck" (pato amarelo), "red bird" (paxaro vermello) e "blue whale" (balea azul). A través destas cancións tamén traballamos onomatopeias en inglés. A clase centrouse na diferencia entre a onomatopeia dos paxaros, que en España é "pío pío" e en inglés é "tweet tweet". Tamén, debido á cabezonería dun dos nenos sobre que os paxaros fan "pío pío", a teacher fixo referencia a outros tipos de paxaros que non facían desa maneira, como por exemplo as águias.
Despois, a teacher puxo dous vídeos. Un era unha canción titulada "Five little ducks" e outra foi un fragmento dunha pelicula dos "Angry birds".
Por último, fixeron un memory na pantalla dixital, onde tiñan que xuntar o debuxo coa palabra. A primeira foi de animais, e a segunda foi de contar mazás. A teacher foi chamando de un en un a cada neno e nena para facelo, repetindo varias veces, pero só unha nena logrou facer unha parella. Eu penso que a razón pola que non facían parella era porque non prestaban a suficiente atención (refírome a que non se fixaban que tiña a carta que levantaban os seus compañeiros), e a altura (preferentemente tocaban aquelas cartas que estaban máis preto deles e non tiñan en conta as máis lonxanas).
Ao alumnado pola tarde estaban moi exaltados. Tiñan moita enerxía, polo que non estaban quietos, e a maioría andaba pola aula ou falaba cos compañeiros e non se manteñían sentados. A maneira que tiña a teacher de manexar isto era con premiar aos que se portaban ben (que eran aqueles que estaban sentados sen facer jaleo e sen molestar aos demáis) e non darlles nada aos que se portaban regular (neste centro nadie se porta mal, se non que se portan regular).
Tamén, intercalaba o falar en galego e en inglés, e iba preguntándolles aos nenos e nenas varias veces se sabían a traducción de certas palabras. Se non o sabían, o dicía en alto e facía que o alumnado o repetise para que o aprenderan de memoria.
Cando a hora de inglés rematou, a teacher puxo unha canción titulada "Goodbye", que foi cantada dúas veces, e despois marchou e volveu a miña titora. Seguindo coa temática dos monstros, ela anteriormente preparou un rinconciño dos monstros onde pegou na parede a chuvia de ideas que fixeramos a semana pasada sobre que fan os monstros, debuxos dunha das nenas, e varios libros foron postos nunha mesiña debaixo, varios deles sendo parte da biblioteca do centro, e outros foran prestados polas familias do alumnado.
A mestra, preparou un xogo de crear monstros na pantalla dixital, pero como o flash player non funcionaba, buscou outro e atopou un no que tiñan que poñerlle ollos aos monstros, pero só podía ser o número indicado. Había varios tipos de ollos, de varias cores, e podíanse poñer en calquera parte do corpo do monstro. Ao principio, o xogo iba ben, pero tras 5 minutos máis ou menos, deixou de funcionar. Entón, coma todo iba tan mal, fumos silenciosamente á alfobrilla a sentarnos, xa que iba a lernos un conto dos que estaban na mesa. Un dos nenos, que viño xunto mía e colleume da man, colleu unha silla para min que puxo ao carón da alfombra e, tras sentarme eu e máis el, colleume da man e non me soltou ata que o relato rematou.
Antes de comezar, a mestra colleu varios contos e ensinoulles aos nenos cal era a portada e a contraportada [preguntoulles se se acordaban, polo que supoño que ela ensinoulles isto anteriormente], e mostroulles que os libros da biblioteca teñen unha pegatina azul, e outra con letras e números no cantón, mentres que as da casa non tiñan nada. Despois, comezou a contar o conto, titulado "O gato Guille e os monstros", e foi relatado pola mestra con grande expresión e con cambios de ton de voz que dáballe vida á historia. Unha vez rematada, algúns dos nenos merendaron xa que tiñan actividades extraescolares, mentres que outros marcharon para a casa.

Quinto día: MAGOSTO

Quinto día, y con este acaba la primera semana.
Hoy celebramos el magosto, y los niños están muy emocionados. No paran de preguntar que cuándo hay que ir a comer las castañas.
La llegada fue como un día normal. Los niños se ponen el mandilón y se sientan en asamblea para contar el cuento y comenzar las rutinas.
Hoy leímos otro fragmento del cuento “Melodía en la ciudad” que estamos utilizando como punto de partida para un proyecto a cerca de la comunidad gitana.
Los niños, atentos, escuchan; pero es un libro muy denso, por lo que deben prestar mucha atención.
Maikel hoy está muy nervioso y cansado, no sabemos que le pasa, pero no es capaz de prestar atención a nada de lo que tiene que hacer, y le cuesta mucho seguir las pautas que se le van dando.
A las 10:30 los niños tienen que subir al patio delantero, porque a partir de las 12 hay que estar en el aula, ya que hay un aviso por temporal.
Por tanto, hoy la profe Begoña será la encargada para agilizar las rutinas.
Cuando acabamos las rutinas, los niños comienzan a hacer la ficha del calendario que tienen que ir rellenando día a día (rodeando el día en el que estamos y tachando los días que ya pasaron).
Ya casi es hora de subir a comer las castañas y los niños se ponen los abrigos para marchar. Los colocamos en asamblea y repartimos sus “portacastañas” (hechos por los niños con sus padres, a partir de un cartón de leche y un cordel para colgar lo del cuello).
Nos ponemos en fila y…. ¡nooo puede ser! Llega el profe Rafa y nos dice que las castañas todavía no están asadas del todo, y que aún tenemos que esperar un poco más. Todas las prisas que nos dimos han sido en vano, y tenemos que hacer tiempo.
Begoña decide enseñarles a los niños unos cortos mudos de disney en los que hay mucho temporal, para irlos comentando en conjunto.
Tres vídeos después, nos avisan de que las castañas están listas para tomar, los niños están pletóricos. Todos menos Maikel, a quien no le apetece demasiado la fiesta. Parece un poco confundido y se niega a ponerse el “portacastañas”.
Subimos al patio delantero y allí nos esperan las demás clases de Infantil, puestos en círculo alrededor de una bañera dónde irán las cáscaras, los niños se sientan y esperan a que le repartan su ración de castañas. Proooofe, ¿me la abres?, Insisten todos sin muchas ganas de esperar.
Álvaro, uno de los más pequeños del grupo, rompe a llorar en un momento determinado porque no es capaz de abrir su castaña. Como todas, esta oportunidad es aprovechada por Begoña para explicarles a los niños un nuevo aprendizaje de la vida. “Cuando necesitamos ayuda tenemos que pedirla, porque no hacemos nada llorando. Lo mejor para solucionar un problema que nosotros no podemos abarcar, es pedir ayuda. Pero la ayuda no se pide llorando, solo se llora para cosas graves, como cuando me hago daño.”
A continuación da rienda suelta la conversación, pues todos quieren contar esas cosas por las que lloraron cuando era importante.
Al acabar los niños se van al recreo, y los profesores nos turnamos para ir a la sala de profesores, dónde todos los años la dirección los invita unos pinchos.
a mí me tocó el primer turno y luego fui para el patio cubierto donde me esperaban los niños. Un par de niñas de mi clase están en la puerta esperándome para jugar conmigo, y me invitan a jugar con ellas. Yo accedo pero al poco tiempo me doy cuenta de que ha sido un error. Las niñas se suben encima, juegan, ríen y se lo pasan bien; y la verdad es que yo también. Sin embargo, me acuerdo de las indicaciones que nos había dado el profe Pepe el día antes. Los niños en el patio necesitan jugar libremente, crear sus propios juegos, agrupaciones… en un colegio, los pequeños se encuentran en todo momento bajo la guía de un adulto, pero es en el recreo el momento en el que se puede dar una interacción mucho más libre entre ellos, y por tanto creo que es mejor no interceder.
Subimos a clase y eso ahora de merendar, cómo era el Magosto muchos de los niños no trajeron comida, sin embargo no todos ellos comieron castañas, ya que a algunos no les gustaron.
Esta es otra nueva oportunidad para aprender, y los niños que tienen merienda, invitan a los compañeros que no trajeron merienda a una de sus galletas, un trozo de su bocadillo o un gajo de su mandarina.
Hoy es el cumpleaños de Carlos, el más pequeño del aula. Este va pasando ilusionado una bandeja que contiene sugus y gominolas para que cojan cada uno de sus compañeros, pero antes, dicta unas consignas: Solo se puede coger o un sugus o una gominola, y cada uno que coja tiene que decir gracias y felicidades.
Cuando acaban los niños cogen la plastilina y se entretienen.
A última hora tienen psicomotricidad y Manuel viene a recogerlos, por ello deben cambiar su nombre a la casita en el panel, guardar el mandilón en la mochila y ponerse la chaqueta.
Begoña y yo aprovechamos para preparar actividades para la semana siguiente hasta que toca el timbre.

Los niños llegan y se ponen las mochilas, hacen fila y los entregamos.