Comezamos o
venres coa clase de inglés. Primeiro puxolles a canción de “ good morning” para
comezar. Despois preguntoulles como estaban e dixolles que tempo facía. Despois
cantamos unha canción que fala sobre a cor amarela, e ibamos sacando obxectos
dunha caixa, dos cales se falaba na canción. É fantástico ver como os bebés
quedan impresionados coa música e cos obxectos. A continuación, experimentamos
con froitas amarelas( limóns, mazás e pratanos).é moi curioso ver como os bebés
meten todo a boca, esa é a súa forma de porse en contacto co mundo que os
rodea.
As 10:30, como
todos os días toca a hora da galleta, momento no que todos os nenos quedan en
silencio, e só pensan en como poder comela, xa que a gran maioría ten pouquiños
dentes. Faime moita gracia ver como chupan a galleta, depois escupena e volvena
a meter na boca, así ata que consiguen comela.
A continuación,
puxemoslles moitas boliñas pequenas no chan para que eles experimentaran e
xogaran con elas de forma libre.
Logo tocou
relaxación e masaxes. Acostamos a todos os bebés, puxemoslles música clásica e
fixemoslles masaxes. Primeiro coas mans
e despois con plumas. É fantastico ver, como os bebés quedan totalmente
relaxados, algúns ata quedaron durmidos.
As once e media
toca comidas. Primeiro axudei cos bebés un pouco mais grandes e logo cos mais
bebés. Teño que decir que prefiero estar cos mais bebés, ainda que as veces
sexa mais complicado darlles de comer.
Despois toca
sesta. Poñemos a durmir a todos os bebés para que descansen. Encantame,
cantarlles cancións e ver como en nada se quedan ad ormir profundamente.
Unha vez que os
bebés estan durmindo, as mestras aproveitan para falarme dalgúns bebés e
contarme algunha experiencia que elas tiveron. É moi enriquecedor coñecer
diferentes historias.
As duas, imos
todos para a aula mixta. Primeiro poñemoslle debuxos en inglés. Desppis
volvemonos dividir, xa que nesa aula só pode haber como máximo 15 nenos, como
eramos mais tivemos que separarnos. Eu fun cos mais bebés, e estivemos a xogar
con pompas de xabón. Pasámolo xenial. Tamén xogamos con bonecos e cubos.
Finalmente tocou a
merenda. Encantame darlles a merenda e ver como despois de comer estan mais
tranquilos.
En conclusión,
foi un día bastante agotador pero moi satisfactorio e divertido. Cada día gustame mais estar con nenos!!!