Hoxe, como de costume, levanteime moi animada e con ganas de comezar unha semana máis na escola, rodeada de todos os nenos e nenas.
Este foi un luns moi similar os outros dous, coma sempre, cando cheguei os dous mestres e a miña compañeira estaban na biblioteca observando como os nenos e nenas miraban diferentes contos. Eu, cando deixei as miñas cousas, pasei tamén para a biblioteca e alí esperamos o resto de nenos e nenas.
Segundo ía soando o timbre, o mestre ou unha de nos iamos levantándonos para recibir os nenos e nenas e as súas familias e tamén para preparalos para pasar a biblioteca. Sacámoslle as cazadoras, poñiámoslle o mandilón a aquelas crianzas que non o traían posto xa que os luns deberían traelos xa postos, e logo pasabámolos para a biblioteca co resto de mestres e mestras. Nos mentres, colocabamos a súa comida e as súas libretas no lugar correspondente e volviamos para xunta eles.
Cando todos os nenos e nenas chegaron e con eles tamén a mestra que faltaba, dividimos as crianzas máis pequenas para a área branda cas mestras e o mestre e nos as dúas quedamos soas coas crianzas máis maiores na biblioteca.
Logo dun anaco observando diferentes contos, pedímoslle as crianzas que os recollesen para pasar a área de xogo simbólico. Así, unha vez que todo estaba recollido e colocado, pasamos para a outra zona. Alí, a nosa labor era de simples observadores da actividade dos nenos e nenas e so interviñamos si había algunha disputa ou algún outro problema como por exemplo que un neno ou unha nena levase un golpe. Hoxe, non tivemos ningún dos dous casos polo que esta actividade levouse a cabo sen ningún incidente.
Despois duns minutos, achegábase a hora de inglés, xa que todos os luns temos 40 minutos de clase nunha academia. Polo tanto, como a esta actividade só ían algúns nenos e nenas, mandámolos recoller a todas e logo mandamos poñerse en fila ou o que elas chaman ‘o tren chu, chu’ a aquelas que irían a actividade mentres o resto de crianzas quedaban co mestre e cunha das mestras na escola.
Deste xeito, nese tren pasámolos para a biblioteca onde a outra mestra xa tiña preparadas as cazadoras de cada neno ou nena. Alí, entre ela, a miña compañeira e eu axudamos a vestilos a aqueles que non sabían facelo sos e logo colocámolos o longo da corda para saír cara a academia.
Hoxe a corda dirixía a mestra diante e a miña compañeira detrás e eu ía o lado vixiando que ningún neno ou nena caese ou se soltase. Polo camiño, fomos cantando diferentes cancións ate chegar a academia.
Alí, a mestra de inglés era a que traballaba con eles, a nosa labor era simplemente observar e axudar con algunhas actividades as crianzas pero a encargada de propoñelas era só ela. Ademais, nesta clase so quedabamos a miña compañeira e eu con ela, a mestra volvía axudar a escola ate a hora de regresar.
Hoxe cantaron unha canción de benvida que xa formaba parte da rutina e logo fixemos algunhas actividades. A primeira consistiu en darlle a cada neno ou nena un debuxo dun círculo, co que xa traballaramos, e entregoulle diferentes ‘gomets’ para que foran pegando ó redor da liña que marcaba o debuxo. Ademais, durante a actividade a mestra ía explicándolle os nenos e nenas como o debían facer ben e isto todo en inglés.
A seguinte actividade, consistiu no traballo de diferentes directrices como por exemplo saltar, correr, andar, etc. as cales traballamos cunha canción duns exploradores da selva na que a mestra lles ía dicindo como debían facer cada paso e as crianzas íana imitando.
Xa que so eran corenta minutos, despois disto xa quedaba pouco, polo que repasamos a canción de ‘Five little monkeys’ que xa traballaramos noutras clases e logo puxo a canción de despedida que tamén formaba parte das rutinas.
O rematar, colocamos as cazadoras no chan para que cada crianza fose poñendo a súa mentres esperabamos pola mestra da escola. Fomos axudando a aqueles que o precisasen e cando ela chegou, fixemos a fila ó longo da corda e volvemos a escola. Agora, a mestra e eu dirixiamos a corda e a miña compañeira ía o lado vixiando. Polo camiño, desta vez, os nenos e nenas ían falando coa mestra e contándolle todo o que fixeramos na clase.
O chegar a escola, sacamos as cazadoras de novo e pasámolos a todos para a biblioteca con nos as dúas e co mestre, mentres a mestra volvía para xunta as pequenas, e reunimos tamén a aquelas crianzas máis maiores que non foran a actividade. Alí sentamos a cada un nunha cadeira e traballamos de novo as formas xeométricas. Entregámoslle a cada neno ou nena unha figura das que xa viramos (círculo, cadrado ou triángulo), deixámosllas un anaco para que xogasen con elas e logo volvémosllas a pedir solicitando cada unha polo seu nome para saber así quen as coñecía e quen non.
Despois, recollemos as mesas e as cadeiras e, colocando os nenos e nenas nun círculo no chan puxémoslles pezas de construción. Era a hora de comer polo que, iamos mandando os nenos e nenas de dous en dous para o comedor mentres o resto quedaban alí xogando coa miña compañeira e comigo porque o mestre, pasou para o outro lado tamén a axudar.
Nos aquí, observabamos os nenos e nenas pero tamén serviamos de comodín cando necesitaban axuda para cambiar a algún neno ou nena ou para sentar a algún dos maiores no baño despois de comer.
Segundo ían acabando de comer e ir o servizo, ían pasando de novo para a biblioteca. Cando todos acabaron, mandamos recoller as pezas de construción para pasar a unha nova actividade.
Tocábanos a miña compañeira e a min facernos cargo dela, polo que, preparamos un pequeno circuíto de equilibrio para traballar a motricidade grosa. Colocamos unhas pezas facendo dúas filas e funcionaban como pontes polas que os nenos e nenas debían pasar sen caer o chan, que era o mar.
Para iso, pasamos os nenos e nenas en fila para a zona de usos múltiples onde xa tiñamos colocada a actividade e por quendas fomos pasandoos para que todos participasen. O longo desta actividade, moitos nenos e nenas xa foron marchando.
Quedaban cada vez menos e tamén pouco tempo para que se foran a maioría polo que, recollemos o material desta actividade, sentámolos na área branda e lémoslle un conto cada unha. Primeiro a miña compañeira leu ‘Sopa verde’ e eu lin ‘Un becho estraño’. Segundo iamos lendo, a mestra ía recollendo a algún neno ou nena porque a súa familia ía chegando a porta.
Así, o acabar de ler os contos, apenas quedaban cinco crianzas polo que, como a unha delas lle gustaba moito cantar, cantamos un par de cancións ate que chegaron a recollelos a todos. Tan só quedaba un neno e el tocáballe quedar para a sesión da tarde, polo que a mestra deitouno a durmir a sesta e eu fun a recoller as miñas cousas porque tamén chegara a miña hora de saír.
Saín da escola coma sempre moi contenta e cada día con mellores experiencias. Cada vez síntome máis integrada e agradezo moito toda a confianza que me ofrecen tanto os nenos e nenas como sobre todos o mestre e as mestras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario