Archivo del blog

lunes, 26 de noviembre de 2018

26 de novembro

Hoxe, como todos os días, levanteime as nove, e as nove e media acundín a escola. Con moitas ganas de chegar e atoparme cos bebes.

Pero, cando chegei vin que os bebés mais pequenos estaban separados dos que xa gateaban, cando antes estaban sempre xuntos. A miña tutora contoume, que o venres tiveran unha reunión, e que se produciron cambios, polo que a partir de agora os bebés van estar na aula do lado. Esta situación non e a mellor, xa que beneficia aos mais bebés pero non aos outros, xa que as doce e media cando é a hora da sesta,están os que gatean e os dun ano xuntos, e cada neno queda a durmir a unha hora e desperta a outra distinta. O problema está cando os nenos van despertando, pero ainda hai nenos durmindo, entón nese periodo non hai onde poñer eses nenos depertos, e polo tanto hoxe quedaron onde estaban os nenos durmindo, pero foi un desastre xa que os nenos despertaban aos outros. Ao final decidimos que eu fose para a aula mixta cos que estaban a espertar. Outra cousa que non vexo lóxica, e que en sestas teñan que estar duas profes mirando para as paredes, soamente porque a ratio maxima por mestra é de 15. A verdad e que os cambios que vin, desgustáronme bastante, ademais abandonounos a directora pedagóxica, e xunto con ela o seu fillo Logan. Botarémolo en falta.

Durante a primeira hora notabase que o ambiente estaba alterado, e as mestras só falaban do que ocorrera e que había que buscar unha solución.

Despois de que me contarán o que pasaba, puxemonos ca programación.  Todos en circulo, coma sempre, para que vaian collendo o hábito para cursos seguintesPrimeiro cantamos a canción " buenos día" e fomos saludando unha a un aos nenos. Despois demoslle a cada un o cartelito co seu nome para que o vaian recoñecendo, algúns fixábanse nas letras, outros en cambio xogaban con el. Logo, pasamoslles bits sobre a familia e os números. Xunto cos bits da familia, fómoslles ensinando as fotos que hai na clase deles ca sua familia, para ver se a recoñecian, e así foi, todos os bebés recoñecian a sua familia. Tamén cantamos diversas cancións, como " cinco lobitos", " la lechuza" e " en mi cara".

As 10: 30 tocou comer a galleta. Para iso reunimonos todos no circulo vermello, e eu e Alba, mestra que ven para axudar, demoslles a galleta e froita. Xa que hai días que toca froita, hábito que me gusta para que vaian tendo hábitos saudables.

Despois da galleta ata a hora de comer, estivemos xogando e tocando diferentes instrumentos. Algúns deles feitos polas propias mestras. Pásano en grande, cando xogan cos instrumentos.

As 11: 30, tocou comedor. Ao principio todo estaba tranquilo, aínda que hoxe os bebés non estaban moito pola labor de comer. Pero o caos chegou cando viñeron os de 1 ano. Neste momento si que se notaba un montón, a falta da directora pedagóxica, que sempre axudaba no que podía.

Despois tocou sestas, nas cales houbo o problema que contei anterioemente.Cando todos os nenos espertaron estivemos un cachiño na aula mixta, todos xuntos vendo os debuxos en inglés.

As 14: 30 volvemos para a aula de bebés, e alí a ata a hora da merenda, estivemos xogando con pelotas de diferentes tamaños, e tamén con teas de diferntes texturas, tamaños e coress.
 Cando tocou a hora e merenda fomos todos para o comedor. Hoxe tocaba madedonia de froitas e rollito de xamón e queixo. Case todos os nenos comeron de todo sacando casos excepcionales.

O día de hoxe, foi un pouco caótico, xa que houbo algúns cambios que non me esperaba, e agora teño que volver a adaptarme, pero ainda así foi un día moi divertido, como todos os que levo de prácticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario