A primeira hora do meu segundo
día proporcionáronme o que vai ser o meu horario nos próximos días. O martes
tócame pola mañá cos nenos e nenas de tres anos. E pola tarde co alumnado de
catro anos.
Comezamos a clase con varias
mestras, posto que na aula hai varios alumnos con
diferentes características. Unha nena fala en inglés, un neno apenas fala
todavía, un neno ten problemas severos de visión e outro neno posiblemente teña
algún tipo de problema sen diagnosticar polo momento.
Ao chegar á clase comezou
a rutina diaria de quitar os chaquetóns e poñer os mandilóns. Cando todos
estiveron por fin sentados no seu sitio, a mestra escolleu aos seus
encargados do día. Estes tiveron que dicir o día no que estábamos e o tempo que
facía fora cunhas imaxes representativas. Tamén tiveron que formar os seus
nomes con letras imantadas, guiándose polas tarxetas que a mestra tiña preparadas.
Mentres tanto, o resto da clase comezou a xogar con pezas de encaixar. Despois de
recoller todas as pezas, a profe contounos dous contos, e tras recibir a
noticia de que non podíamos saír ao patio polo tempo, comezamos a xogar cos animais.
Posteriormente as mestras repartiron pezas de gomaeva de diferentes formas e pezas
rectangulares de cores para que os rapaces e rapazas fixeran “casiñas” para os
animais. Tras recoller todos os materiais, outra profe, quen se incorporou á
clase tras o recreo, contounos o conto do polo Pepe, para calmarnos antes de ir
a comer.
Os nenos estaban
considerablemente alterados, segundo me dixo a mestra. Tamén destacou a presenza
doutra profe, que ven da ONCE, quen nos trouxo unha mesa especial para o neno con dificultades
visuais, polo que levantou a intriga de todos os nenos e nenas.
Á tarde a clase de catro
anos comezou calmándonos un pouco, pois viñan alterados do comedor. Cando o
conseguimos, seguimos cun conto que nos contou, “Gato Guille y los
monstruos”, que nos mantivo moi concentrados e intrigados sobre os monstruos
que escoitaba o protagonista. De seguido, contounos o conto “Corre, corre, cabaciña”,
que os nenos xa coñecían polo que algunhas veces se anticipaban ao que nos
contaba a mestra. Para rematar, cantamos todos xuntos a canción da cabaciña,
que relata o conto en forma de canción.
Despois, cada mesa tivo o
seu xogo de encaixes, con diferentes versións, cos que estivemos xogando ata a hora
de recoller todo para marchar á casa. Mentres xogaban, a mestra ía mandándolles
por turnos a quitar o mandilón e poñer a chaqueta, igual que preparar a mochila
para cando chegara o momento de marchar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario