Archivo del blog

viernes, 16 de noviembre de 2018

venres 16


Comezamos o venres coa clase de inglés. Primeiro puxolles a canción de “ good morning” para comezar. Despois preguntoulles como estaban e dixolles que tempo facía. Despois cantamos unha canción que fala sobre a cor amarela, e ibamos sacando obxectos dunha caixa, dos cales se falaba na canción. É fantástico ver como os bebés quedan impresionados coa música e cos obxectos. A continuación, experimentamos con froitas amarelas( limóns, mazás e pratanos).é moi curioso ver como os bebés meten todo a boca, esa é a súa forma de porse en contacto co mundo que os rodea.

As 10:30, como todos os días toca a hora da galleta, momento no que todos os nenos quedan en silencio, e só pensan en como poder comela, xa que a gran maioría ten pouquiños dentes. Faime moita gracia ver como chupan a galleta, depois escupena e volvena a meter na boca, así ata que consiguen comela.

A continuación, puxemoslles moitas boliñas pequenas no chan para que eles experimentaran e xogaran con elas de forma libre.

Logo tocou relaxación e masaxes. Acostamos a todos os bebés, puxemoslles música clásica e fixemoslles masaxes.  Primeiro coas mans e despois con plumas. É fantastico ver, como os bebés quedan totalmente relaxados, algúns ata quedaron durmidos.

As once e media toca comidas. Primeiro axudei cos bebés un pouco mais grandes e logo cos mais bebés. Teño que decir que prefiero estar cos mais bebés, ainda que as veces sexa mais complicado darlles de comer.

Despois toca sesta. Poñemos a durmir a todos os bebés para que descansen. Encantame, cantarlles cancións e ver como en nada se quedan ad ormir profundamente.

Unha vez que os bebés estan durmindo, as mestras aproveitan para falarme dalgúns bebés e contarme algunha experiencia que elas tiveron. É moi enriquecedor coñecer diferentes historias.

As duas, imos todos para a aula mixta. Primeiro poñemoslle debuxos en inglés. Desppis volvemonos dividir, xa que nesa aula só pode haber como máximo 15 nenos, como eramos mais tivemos que separarnos. Eu fun cos mais bebés, e estivemos a xogar con pompas de xabón. Pasámolo xenial. Tamén xogamos con bonecos e cubos.
Finalmente tocou a merenda. Encantame darlles a merenda e ver como despois de comer estan mais tranquilos.
En conclusión, foi un día bastante agotador pero moi satisfactorio e divertido. Cada día gustame mais estar con nenos!!!

1 comentario:

  1. Encantoume o de poñer aos nenos a experimentar con froitas de verdade, porque creo que moitas veces utilizamos xoguetes de plástico, e é moito máis enriquecedor para eles esta outra opción.
    Os nenos necesitan experimentar con tamaños, texturas, sabores e olores diferentes; algo que se perde cos xoguetes "de imitación" feitos de plástico.
    Tamén me chama a atención o dos masaxes, nós facémolo na clase cos nenos aos que lles doe a barriga para que expulsen os gases, e creo que pode ser interesante introducilo tamén noutras etapas.

    ResponderEliminar