Archivo del blog

lunes, 12 de noviembre de 2018

Día de saída! (12/11/2018)

Hoxe, na segunda semana de prácticas, fun cara o meu aula tras deixar as miñas cousas na sala do profesorado, e fun saudando aos nenos e nenas que ían chegando, igual que fixen todos os días da semana pasada. Sen embargo, e a pesar de que parecía un día normal, non o era. O alumnado deixaba as súas mochilas nas súas perchas, acompañados dos seus pais, pero non sacaban o seu abrigo. A razón? Porque iríamos a unha saída ao conservatorio histórico de Santiago de Compostela. Eu o sabía desde o venres pasado debido a que a miña titora preguntoulle á nai dun dos pequenos que nos acompañara, pero ela aquivocarase de lugar e en vez de dicir que iríamos ao conservatorio histórico, dixo que iríamos ao auditorio.
Cando a maioría dos nenos e nenas xa estaban na clase, a miña titora colleu unha corda de cores referida como "a serpe", e mandoulles ao alumnado que fixeran unha fila na parede do pasillo. Logo, fou dándolle a serpe aos nenos e nenas. A corda tiña no medio cordas máis pequerrechas das que eles se agarraban, quedando por parellas, un a cada lado da corda. A mestra, cando rematou de darlles a serpe, colleu a parte dianteira e comezamos a marcha. Eu quedei na parte traseira, mentres que a nai que nos acompañaba iba polo medio.
Na saída marchamos todos os de infantil máis os de primero de primaria, e nós (os de tres anos) eramos os únicos que tiñamos esa corda. Os demáis iban por parellas, agarrados da man, e tamén camiñábamos por orde xa que nós íbamos primeiros, detrás miña iban os de 4 anos, logo os de 5 e por último os de primaria. A caminata non foi demasiado longa, xa que o conservatorio atópase a uns 5 minutos de distancia andando. Ademáis, a pesar de que houbo algunhas distraccións, tales como as tendas ou obras que están a facer nalgúns dos edificios da zona, non houbo ningún problema.
Ao chegar, a miña titora recolleu a serpe e subimos as escaleiras ata o último piso, onde había unha sala de mediano tamaño con moitas butacas para sentarse, un mini escenario e un proxector.
No escenario había catro persoas, e tres delas enfrente dun instrumento. Había dous homes, un pianista e un batería, e dúas mulleres, unha violonchelista e a presentadora que tamén fixo de cantante.
Ao entrar, fumos sentando aos nenos e ás nenas, e despois sentámonos o profesorado e máis eu. Entón, a que fixo de presentadora comezou a falar. Primeiro, presentouse a ela mesma e máis os seus compañeiros, e iniciou as actividades, as cales consistiron en cantar principalmente.
A primeira canción, a letra era "Sol, do. Sol, do. Sol, sol, sol, do", e esta ía acompañada das notas correspondentes a "sol" e "do". Primeiro ensinoulles as notas co piano e co violonchelo, cantando a canción, e despois colleu dúas pezas dun metalófono, unha de cor azul e a outra vermella, que facían as notas de "sol" e "do", e as fixo soar mentres cantaban a canción. Despois, a letra aumentou, e convertíuse nunha canción dos animais mariños. Colleu varios peluches, e ía cantando co alumnado mentres llos ensinaba. Tras iso, invitou ao escenario a un pequeno grupo de nenos e nenas, máis ou menos maiores, e deulles varias pezas do metalófono, unha clave e varios peluches. Tiñan que tocar ou levantar o peluche acorde coa canción. Repetiuse varias veces antes de que os roles cambiaran, e logo volveron todos para o seu asento.
Para a segunda actividade, a presentadora ensinou varias fotos de praias polo proxector que tiñan características especiais, tales como a cor da area, que podía ser verde, rosa ou negra, con algas luminiscentes, ou que simplemente eran fermosas, como as praias das illas Cies. Tamén mostrou impresionantes castelos de area, algúns deles feitos nalgún concurso moi famoso (que agora non me acordo cal), e que algúns non eran nin castelos, tales como o castelo Disney, a familia Simpson, estructuras que contiñan luz dentro delas, etc. Tras a mostra de fotos, cantamos outra canción, que tiña máis letra e tiña que ver coa praia. A fomos cantando por partes e logo a cantamos enteira. Despois, a presentadora puxo unha pequena colchoneta no chan e invitou a dous pequenos grupos para que se sentasen nela e fixesen coma se nadasen e logo se tumbaran, seguindo a parte final da letra da canción que máis ou menos dicía "nadé, nadé, nadé/nadé, nadé, nadé/nadé, nadé, nadé/y en la arena me tumbé".
Logo, para que os nenos e nenas se calmasen un pouco, os tres músicos tocaron unha canción preciosa bastante calmada, e cando remataron fixemos a terceira actividade. A presentadora ensinou varios tipos de reloxos no proxector. Ensinou despertadores, un reloxo de sol [e indicou que España era uns dos países con maior cantidade de reloxos de sol do mundo], un reloxo analóxico de pulseira e un analóxico de bolsillo. Entón, díxolles aos nenos e nenas que o tempo na música medíase dunha forma distinta, e que facíase cun metrónomo. Ela ensinou dous tipos de metrónomos. O clásico, que ten como unha agulla no medio que se move, e un máis moderno que parece un temporizador cunha luz e ao que podes quitarlle o sonido que fai. Tras facer un par de demostracións usando os metrónomos cos músicos, fixemos un xogo onde varios nenos e nenas tiñan que ir xunto do pianista ou da violonchelista se escoitaban tocar a un ou outro, pero se tocaban os dous á vez tiñan que ir xunto da presentadora. Debido á natureza deste xogo, a violonchelista cambiouse de sitio para estar na outra punta do escenario, enfrente do pianista, e a presentadora quedou no medio. Dous grupos, de entre 5 e 10 participantes, xogaron a este xogo, e as veces confundíanse cando os dous tocaban á vez, indo xunto a violonchelista.
Por último, aprendimos un pequeno baile onde dábamos palmadas cando o ritmo da música era forte e rápido, e facíamos que volábamos cando o ritmo era lento e suave, e outros dous grupos foron invitados ao escenario para bailalo mentres facían un tren, seguindo a presentadora [quen facía de locomotora, por así dicilo].
Mentres todo isto ocorría, presteille máis atención ao alumnado que ao que pasaba no escenario. O único que fixen foi gardarlle a bolsa de galletas dunha das nenas da miña aula, acompañar a varios nenos e nenas ao baño, darlle un pañuelo a unha nena que estornudou e quedou chea de mocos para que se limpase, e axudarlles a poñerlles as chaquetas antes de saír da sala. Tamén, varias mestras metéronse en medio dos nenos e nenas para que estivesen tranquilos e prestasen atención, sen facer demasiado escándalo.
Cando rematamos e saímos do edificio, fixemos unha foto do grupo enteiro, o cal o primeiro intento foi frustrado por un can que correu xunto aos nenos e nenas, provocando que estes gritasen, e logo marchou tan rápido coma viñera. Logo, voltamos ao colexio sen problemas, e deixamos que foran ao recreo antes de mandarlles ao comedor ou a súa casa.
Pola tarde, o primeiro que tivemos foi inglés, e seguimos coa mesma temática que a semana pasada, a cal é sobre as cores. A teacher puxo varias cancións en inglés, onde dicíase unha cor e relacionábase con outra cousa. O único que cantamos foi "yellow duck" (pato amarelo), "red bird" (paxaro vermello) e "blue whale" (balea azul). A través destas cancións tamén traballamos onomatopeias en inglés. A clase centrouse na diferencia entre a onomatopeia dos paxaros, que en España é "pío pío" e en inglés é "tweet tweet". Tamén, debido á cabezonería dun dos nenos sobre que os paxaros fan "pío pío", a teacher fixo referencia a outros tipos de paxaros que non facían desa maneira, como por exemplo as águias.
Despois, a teacher puxo dous vídeos. Un era unha canción titulada "Five little ducks" e outra foi un fragmento dunha pelicula dos "Angry birds".
Por último, fixeron un memory na pantalla dixital, onde tiñan que xuntar o debuxo coa palabra. A primeira foi de animais, e a segunda foi de contar mazás. A teacher foi chamando de un en un a cada neno e nena para facelo, repetindo varias veces, pero só unha nena logrou facer unha parella. Eu penso que a razón pola que non facían parella era porque non prestaban a suficiente atención (refírome a que non se fixaban que tiña a carta que levantaban os seus compañeiros), e a altura (preferentemente tocaban aquelas cartas que estaban máis preto deles e non tiñan en conta as máis lonxanas).
Ao alumnado pola tarde estaban moi exaltados. Tiñan moita enerxía, polo que non estaban quietos, e a maioría andaba pola aula ou falaba cos compañeiros e non se manteñían sentados. A maneira que tiña a teacher de manexar isto era con premiar aos que se portaban ben (que eran aqueles que estaban sentados sen facer jaleo e sen molestar aos demáis) e non darlles nada aos que se portaban regular (neste centro nadie se porta mal, se non que se portan regular).
Tamén, intercalaba o falar en galego e en inglés, e iba preguntándolles aos nenos e nenas varias veces se sabían a traducción de certas palabras. Se non o sabían, o dicía en alto e facía que o alumnado o repetise para que o aprenderan de memoria.
Cando a hora de inglés rematou, a teacher puxo unha canción titulada "Goodbye", que foi cantada dúas veces, e despois marchou e volveu a miña titora. Seguindo coa temática dos monstros, ela anteriormente preparou un rinconciño dos monstros onde pegou na parede a chuvia de ideas que fixeramos a semana pasada sobre que fan os monstros, debuxos dunha das nenas, e varios libros foron postos nunha mesiña debaixo, varios deles sendo parte da biblioteca do centro, e outros foran prestados polas familias do alumnado.
A mestra, preparou un xogo de crear monstros na pantalla dixital, pero como o flash player non funcionaba, buscou outro e atopou un no que tiñan que poñerlle ollos aos monstros, pero só podía ser o número indicado. Había varios tipos de ollos, de varias cores, e podíanse poñer en calquera parte do corpo do monstro. Ao principio, o xogo iba ben, pero tras 5 minutos máis ou menos, deixou de funcionar. Entón, coma todo iba tan mal, fumos silenciosamente á alfobrilla a sentarnos, xa que iba a lernos un conto dos que estaban na mesa. Un dos nenos, que viño xunto mía e colleume da man, colleu unha silla para min que puxo ao carón da alfombra e, tras sentarme eu e máis el, colleume da man e non me soltou ata que o relato rematou.
Antes de comezar, a mestra colleu varios contos e ensinoulles aos nenos cal era a portada e a contraportada [preguntoulles se se acordaban, polo que supoño que ela ensinoulles isto anteriormente], e mostroulles que os libros da biblioteca teñen unha pegatina azul, e outra con letras e números no cantón, mentres que as da casa non tiñan nada. Despois, comezou a contar o conto, titulado "O gato Guille e os monstros", e foi relatado pola mestra con grande expresión e con cambios de ton de voz que dáballe vida á historia. Unha vez rematada, algúns dos nenos merendaron xa que tiñan actividades extraescolares, mentres que outros marcharon para a casa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario