5-11-2018
Hoxe
foi o noso primeiro día de prácticas, para moitos o primeiro contacto con nenos
e nenas desta idade a nivel educativo. O nerviosismo notábase nada máis chegar,
ninguén sabía para onde tiñamos que ir, que esperar deste período, como sería o
noso titor ou titora... ao pouco de chegar ao centro recibiunos a directora,
díxonos a que aulas podíamos ir e organizámonos. A min tocoume unha das 3 aulas
que ten o centro de 3 anos. A miña titora é unha rapaza nova que acaba de
aprobar as oposicións, para ela é todo novo pois sempre traballou en 0-3 e
tampouco coñecía o centro.
A primeira
hora, cando eu entrei na aula os nenos e as nenas estábanse preparando para ir
a Psicomotricidade, a miña titora preferiu que quedara esa hora con ela para
explicarme un pouco acerca das rutinas dos nenos e nenas, do horario, do
proxecto... cando regresaron de psicomotricidade realizamos a asemblea. Puiden
observar que a través desta fan un traballo bastante global enfocado ao coñecemento
de varias áreas. A encargada da aula ten que completar unha serie de tarefas
como son:
·
Mover o carteliño onde aparece o seu
nome e foto para o posto de encargada.
·
Escribir o seu nome no encerado
debaixo do que escribiu a profesora:
ALDARA
|
|||||
A
|
L
|
D
|
A
|
R
|
A
|
·
Contar cantas letras ten o seu
nome.
·
Sinalar o número correspondente ás
letras na liña onde están situados os números do 1 ao 10.
·
Comprobar quen está en clase e
quen falta e colocar as fotos dos que faltan nunha especie de casiña situada ao
lado do cole.
·
Contar cantos nenos faltan e logo
contar cantas nenas, apuntar o resultado de cada un no apartado correspondente
do taboleiro e logo sumalo para saber cal é o total de nenos e nenas que faltan.
·
Facer un debuxo do tempo que fai
no día de hoxe (nube con choiva).
·
Colocar o número do día de hoxe no
calendario e dicir en que mes estamos.
*todas
as tarefas da asemblea realízanse no taboleiro da clase que está dividido aproximadamente
pola metade; na metade dereita ten espazo libre para escribir, mentres que na
metade esquerda ten todo o material que se emprega neste momento (fotos, tarxetas
con nomes, calendario...).
Tamén
durante o momento de asemblea, a profesora quitou unha bolsiña na que tiña os nomes
de todos os nenos e nenas en forma de tarxetas plastificadas, ía quitando uns 5
nomes e poñéndoos no chan e chamaba a algún dos nenos ou nenas das que quitaba
o nome para que buscaran o seu nome a ver se o atopaban. Algúns facíano moito
máis rápido que outros, algúns confundíanse un pouco con nomes similares, sobre
todo se compartían as dúas ou incluso as tres primeiras letras. Así que todos
os nenos e as nenas tiñan o seu nome facía diferentes preguntas para que
dixeran por que letra empezaba o seu nome: “Quen ten un nome que empece pola
letra A?”, por exemplo. Así que, dunha maneira ou doutra, todos os nenos e nenas
dixeron por que letra empezaba o seu nome, a profesora quitou outra pequena bolsiña,
na que tiña unhas pequenas tarxetas coas letras. A continuación ía quitando
unha letra e os nenos e as nenas tiñan que buscar esa letra na tarxeta do seu nome
para comprobar se a tiñan ou non. Por último, como peche da asemblea, contamos
un conto con temática de outono: “Xandre e as landras”, da editorial Kalandraka
e ao rematar o conto cantamos unhas cancións das que máis lle gustan aos nenos
e nenas para que eu as aprendera. Antes de ir ao recreo, pintamos a silueta
dunha castaña con pintura de dedos marrón.
Durante
o recreo dos nenos e nenas a miña titora díxome que fora para a sala de
profesores con ela, pois hoxe non tiñamos garda. Cando regresamos do recreo,
merendamos e realizamos as rutinas de hixiene asociadas (lavamos as mans,
limpamos os mocos, fomos ao baño...). así que ían rematando a merenda recollían
as súas cousas e puxéronse a xogar con plastilina que lles ía dando a titora. Aos
nenos e nenas que faltaron o último día de clase deulles a ficha que o resto de
compañeiros fixeran ese día para que todos vaian facendo as mesmas cousas.
Na
seguinte hora tiveron música, como nesta franxa todas as clases de 3 anos teñen
cun profesor ou profesora distinto ao seu titor estes reúnense para falar dos temas
correspondentes a este nivel. Como non podo asistir as reunións de etapa, a miña
titora díxome se a acompañaba a esta reunión de nivel, na que fundamentalmente
se puxeron de acordo en canto aos items de avaliación para este primeiro
trimestre. Tamén me explicaron un pouco como funciona o tema da avaliación en
Educación Infantil e da plataforma na que hai que subir os “resultados”.
Cando
regresamos á nosa clase, os nenos e nenas quitaron o mandil, puxeron a chaqueta
e a mochila e colocaron as súas cadeiras. Isto pode parecer moi simple, pero
aos nenos e nenas tan pequeniños sempre lles leva máis tempo do que pensamos, é
por isto que a profesora me dixo que o facían xa ao comezo da hora, porque hai
días que lles leva moito máis tempo que outros. Así que foron rematando, a
profesora foi chamando aos que quedan a comer no comedor escolar para que se
sentaran no chan, pero do lado da porta e aos que non do outro lado. Así que
estaban todos sentados contamos un conto e cantamos unha canción. Ao rematar
puxéronse en fila os nenos e nenas que quedaban a comer no comedor e, ao pouco
tempo, veunos a buscar unha das monitoras. Así que marcharon eles, puxéronse en
fila o resto para marchar para as súas casas.
Despois
deste primeiro día no que nos somerxemos de cheo no que vai ser o noso futuro
traballo, creo que a sensación de todos é a felicidade e satisfacción, pero sobre
todo a de agradecemento por podernos dar este “baño de realidade” para saber,
despois de tanto tempo estudando, como é realmente a vida na aula de Educación
Infantil, e sobre todo os tempos pois para min sempre é un dos criterios máis difíciles
de definir e axustar á hora de programar actividades, pois nos falta ese
contacto cos máis pequenos para saber aproximarnos ao tempo que precisan para
cada tarefa, dende as actividades máis rutinarias como o cambio da chaqueta
polo mandilón, ata as tarefas que desenvolvemos propias do proxecto que estamos
a realizar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario