Archivo del blog

lunes, 5 de noviembre de 2018

Primeiro día 5-11-18


Hoxe, 5-11-2018,espertei ansiosa de saber que me depararía o meu primeiro día de prácticas, e con el a primeira toma de contacto con nenos.

Acudín a sesión de madrugadores, da gardería Kids Garden, en Santiago de Compostela. Estaba moi nerviosa, e chovía un montón, por todo iso case non atopo a gardería, pero despois dunhas voltas atopeina.

Nada mais chegar atopeime con dúas profes, as cales me recibiron, moi amablemente. Comezaron a explicarme como traballaban e  ensináronme as instalacións da gardería.  Explicáronme que había unha aula de bebés ,dúas aulas de un ano e dúas aulas de dous anos, tamén contaban con un patio interior e outro exterior, así como unha piscina.

Despois de amosarme, todas as aulas da gardería, comezaron a chegar os primeiros nenos. Na sesión de madrugadores, os nenos permanecen todos xuntos, e ata as 9- 9:30, están todos vendo os debuxos nunha gran tele que hai no comedor.

Na entrada dos nenos, doume peniña cando os nenos quedaban chorando porque non querían que marchara a súa familia. Pero ca axuda das mestras, animeinos para que esquecesen que non estaba a súa familia, e o pasaran ben.

Despois, as 9:30, chegou a directora e entreguei a documentación requerida, e díxome que esta semana estaría na aula de bebés. Esta noticia, deixoume moi contenta, porque o   que mais desexaba era estar na aula con bebés.

A continuación levoume a aula que me correspondía, e nela estaban dúas profes, as cales me brindaron todo o seu apoio e cas cales me sentín moi cómoda a pesar dos nerviosos e na inexperiencia.

O primeiro que fixen foi darlle o biberón a un bebé. Ao principio non sabía como colocalo, nin como darllo, pero as mestras explicáronme como facelo, e ao largo da maña, funo facendo cada vez mellor. Sentíame útil, que podía axudar, a pesar de non saber demasiado.

Tamén aprendín, a cambiar un cueiro, xa que nunca antes o fixera. Non é tan difícil como parece, pero os nervios  e o  medo a facerlles dano non axuda.

As 10:00, toca a hora da galleta. Nese tempo os bebés comen  unha galleta e beben.  A verdade,  e que me gusta moito o trato que se percibe entre os nenos e as mestras,  xa que, é moi cercano e cariñoso.

Había momentos, nos que me asustaba un pouco, porque comezaba un neno a chorar, e os  outros seguían os seus pasos. Ao principio non sabía como actuar, pero ca axuda das mestras, conseguimos tranquilizalos.

Despois chegou a hora do comedor. Un momento un pouco complicado, xa que é moi difícil darlles de comer, porque algúns, vense reacios a comer; en cambio outros comen moi tranquilamente. Acabei, manchada de potitos, pero valeu a pena, xa que conseguimos que todos comerán algo.

A continuación, tocaba a hora da sesta. Encantoume, arrolar os bebés e poder cantarlle algunhas cancións, que me cantaban, cando era pequena.

Ao final da mañá, sentín como os nenos me tiñan un pouquiño mais de confianza, e como xogaban conmigo mais comodamente. Foi xenial.

Este primeiro día foi moi agotador, xa que me chegou toda a información de golpe. Aínda así, sentinme moi útil e moi contenta; estaba todo o tempo sorrindo, a pesar dalgún momento de estrés.

Podo resumir, este primeiro día, como un día cheo de moitas emocións e sensacións novas. Cheo de novas caras. Novas experiencias. Información importante e compañía moi grata.

Decir, que este día foi mellor do que me imaxinaba, e sentinme encantada de traballar con bebés, e con magníficas profesoras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario