Archivo del blog

viernes, 14 de diciembre de 2018

Despedida (14 de decembro de 2018)

Hoxe é o último día de prácticas. Con emoción, entrei na escola, sabendo que sería o último día que entraría como mestra. Fun á aula, e alí recibín aos nenos xunto a miña tutora. Unha vez todos os nenos e nenas chegaron, fomos para o ximnasio para ensaiar de novo a actuación que farán este vindeiro xovés polo Nadal. Tivemos que cambiar unha das presentadoras, porque non quería selo máis, por outra que sí queria selo. Practicaron a preparación do escenario dúas veces, e o baile só unha vez. Tras iso, voltamos á aula a escoller encargado. Debido a falta de tempo, tivemos que escollelo rápidamente, sen pararnos demasiado nas rutinas, e algunhas quedaron sen facer.
Cando tocou cambiar de día no calendario, a miña titora repetiu o que dixo onte: que eu este día marchaba, e que non volvería máis. As reaccións foron as mesmas, todos os nenos e nenas miraron para min, cunha cara un pouco tristona.
Unha vez rematadas as rutinas, a miña titora decidiu darme un gran regalo. Deume o calendario que fixeran o alumnado en versión grande, para levar para a miña casa. Eu quedei sorprendida, porque non me esperaba que me fose a dar nada, e quedei encantada.
Cando os pequenos e pequenas foron ao baño a facer un pis e a lavar as mans, díxenlle a miña titora que iría a traballar na sala de mestres. Acto seguido busquei a directora para que me deixase os documentos do centro. Estiven o resto da mañá facendo unha breve síntese dos distintos documentos para o traballo do Practicum. Mentres o facía, varias mestras e mestres entraban e saían entablando breves conversacións conmigo, e dous dos nenos da miña clase entraron a saudarme. Cando rematei, xa era hora de comer, e os nenos de infantil xa foran para comedor ou para casa.
Cando voltei pola tarde, saudei aos nenos e a miña titora, como de costume. O alumnado escribía o seu nome en cadansúa carta que contiña as postais do Nadal que fixeran en clase, e tamén pegaron o sello no seu lugar correspondente. Despois, todos eles puxeron a cazadora e foron a facer fila no pasillo. Mentres tanto, eu e a mestra de 5 anos comprobamos se os sellos estaban no seu lugar correspondente e ben colocados. A maioría deles estaban ben, pero había outros que tiñan o sello pegado na esquina que non era ou mal orientados. Incluso hubo unha que rompeu pola metade e tivemos que pegar as dúas pezas xuntas, xa que estaban separadas. Unha vez todo estivo en orde, collín todas as cartas e fumos todos os de infantil a un buzón que atopábase un pouco lonxe do colexio. Contamos coa axuda dun pai en toda a duración desta pequena saida. Unha vez chegamos ao buzón, dábamoslles aos nenos e nenas, unha carta a cada un para que o meteran no buzón, sen ser necesariamente as súas. Cando rematamos, voltamos para o centro. Na súa duración, dous nenos cairon ao chan, un dáballe patadas a outro de 4 anos, e outro dáballe patadas ás paredes. Ademáis, ao rematar co buzón, duas nenas decidiron correr hacia diante sen esperar aos demáis. Fun tras elas camiñando, e díxelles que se detiveran. Ao chegar xunto delas, envieillas a miña titora, e ela castigounas por ser desobedientes e non esperar aos demáis. Tamén castigou ao neno que daba patadas ás paredes, quen chorou desconsolado. Ademáis, a mestra de 4 anos estivo todo o rato co neno que lle daba patadas aos demáis, e notificoullo á miña titora, quenes logo quitaronlle o seu xoguete de compartir.
Unha vez na aula, os tres castigados quedaron de pé na parede, mentres o resto dos nenos e das nenas presentaban o seu xoguete de compartir. Unha nena de primaria entrou e deunnos a miña titora e a min un trozo de tarta, debido a que estaba de cumpleanos e dáballe tarta aos mestres do colexio. Cando case remataran as presentacións dos xoguetes, a miña titora levantoulles o castigo aos tres nenos, e sentáronse xunto os demáis. Unha vez remataron, comezaron a xogar cos xoguetes dos demáis. Mentres tanto, entablei unha agradable conversación coa miña titora, quen me deu un pouco de mazapán do que fixeramos onte, pero pronto unha nena viu cun libro que trouxo un dos nenos para que llo lera. O lin varias veces debido a que varios nenos mo pediran, sentados comodamente nas cadeiras. Cando o tempo rematou, a maioría do alumnado recolleu todas as súas cousas para volver para a casa, incluindo os libros que trouxeran para o proxecto dos monstros que xa acabara. A cada un, deuselles un trozo de mazapán, e mentres a miña titora foi con eles para levalos xunto os seus pais e nais, eu metinlles aos restantes o seu mazapán nas súas mochilas. Entón, despedinme de todos eles, incluindo aos mestres de infantil, e marchei para a miña casa cun sorriso, sabendo que tiven unha gran experiencia no colexio Vilas Alborada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario