Último
día no cole.
Comecei o día cos nenos e nenas de catro anos, a
encargada fixo as súas tarefas despois de que todos estivéramos
preparados. Despois, sentáronse nos seus sitios para facer a tarefa do conto
que levaron esa semana cada un.
De
seguido, marchei cos rapaces e rapazas de tres anos, estes estaban xogando cos
bonequiños de plástico e indo ao baño cunha das profes, á súa vez, ían con outra delas para
rematar a tarefa na que lle poñían pelo a un debuxo.
Recolleron
todo e merendaron as galletas e os palitos, sempre diferenciando os do neno con intolerancia á lactosa. Neste momento, marchan dúas das profes facer uns recados. A profe que quedou, mandoulles poñerse á fila e marchamos
para o patio.
Unha
vez alí, no patio cuberto, a miña intención era volver para falar cunha mestra,
pero as profes dixéranlles que era o meu último día, polo que estaban moi mimosos
e preguntaban por que me tiña que marchar todo o tempo. Por todo isto, quedeime
con eles no recreo. Ademais, avisáronme de que me fixeran un debuxo, os de
catro anos, e que me tiñan unha sorpresa, os de cinco anos, pero para despois de
comer.
Á volta
do recreo, volvín cos nenos e nenas de
catro anos.
Regaláronme un libriño de debuxos que me fixeron eles mesmos, para que me
acordara deles, e explicáronme o que era cada un.
Despois,
dividíronse nos recantos de puzzles, coches e cociña, e foron ao baño por quendas.
Mentres tanto, a mestra estivo revisando documentos para propoñer un cambio de
horario para o centro, para que teña unha xornada de mañá, e xogamos cos rapaces
e rapazas. Recolleron todo e marchamos para o comedor.
Á tarde,
fun cos nenos e nenas de catro anos. Fomos á biblioteca para cambiar os libros
que tiñan en préstamo, por iso tiven que ir chamar á mestra encargada, para
resolver unha dúbida, pois unha rapaza perdeu un libro e non sabiamos que
facer. Cando volvemos para a aula preparamos as mochilas e lemos o conto “Cars
2”.
Antes
de marchar, déronme moitos abrazos e bicos. Case me esmagan entre todos! Tamén viñeron
os alumnos e alumnas de cinco anos, que me trouxeron un libro de regalo, de
parte do centro, e un cos seus debuxos, púxenme a velos e contábanme orgullosos
quen o fixera. Antes de marcharse déronme máis bicos e apertas. Marchamos todos
para a entrada, onde se dividen entre transporte escolar ou patio, xa que os veñen
a buscar. Alí estivemos falando un pouquiño máis e despedímonos para marchar.
Antes
de irme, fun falar coa mestra de tres anos, a que tamén me tiña preparado un
agasallo.
Foi
unha experiencia moi bonita, que me trouxo moi bos momentos e experiencias, coa
que aprendín moito, e que me encantará repetir o ano que vén.
Tamén
foi unha bonita forma de coñecer máis xente do entorno da educación, vivir unha
nova experiencia, ver o centro no que eu estudei dende outra perspectiva moi
diferente. Do mesmo xeito que coñecer a unha morea de rapaces e rapazas, que
estou segura de que se os atopo na rúa me virán saudar entusiasmados e a
contarme algunha cousa, é dicir, gañei uns amiguiños e amiguiñas moi riquiños.
En
definitiva, foi un tempo inigualable, que repetiría as veces que fixera falla,
aprendendo cousas novas todos os días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario